Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 24 Agosto 2026.

12 meses de sensibilización en prol da igualdade nos coidados desde a corresponsabilidade: mes de xullo

    Sétima entrega da campaña de sensibilización do Gabinete de Igualdade de CCOO de Galicia.

    27/07/2026.
    Entrega do mes de xullo da campaña.

    Entrega do mes de xullo da campaña.

    A conciliación corresponsable na «Proposta de CCOO por un Pacto integral e estatal de coidados»:

    As actuacións ou medidas propostas por CCOO para mudar o modelo de coidados actual teñen a finalidade de promover non só o compromiso das persoas, homes e mulleres, senón tamén das entidades públicas e, sobre todo, das empresas.

    Neste mes de xullo incluímos algunhas das medidas xerais da proposta de CCOO no documento:

    100 medidas para un Pacto integral e estatal de coidados.

    Como se afirma no documento, a garantía dos coidados debe ser un asunto público, de Estado, non particular das familias ou das mulleres; máis aínda cando sabemos que: «Sobre a calidade e garantía dos coidados sostéñense a vida digna e o benestar común».

    Son as seguintes:

    -- Articular un sistema público integral de coidados co soporte dunha lei de coidados.

    -- Recoller datos e evidencias de maneira periódica, en múltiples dimensións e con perspectiva de xénero sobre os usos do tempo, co obxecto de dispoñer de estatística actualizada.

    -- Establecer mediante a negociación colectiva medidas de conciliación corresponsable que melloren as recoñecidas na lexislación e que favorezan a implicación das empresas e persoas traballadoras (sobre todo dos homes). Especialmente, en materia de permisos retribuídos, flexibilidade nas franxas horarias de entrada e saída, prioridade en períodos de vacacións ou festivos para quen teña responsabilidades de coidado, etc.